Os conservadores pídenlle ao Goberno que suspenda a entrada en vigor, prevista para mediados de abril.
Diego Calvo, deputado do PPdeG, anunciou este venres unha ofensiva contra as normas do hábitat galego, que aprobou hai pouco o Consello da Xunta logo dunha proposta da Consellaría de Vivenda. A formación conservadora coida que as directrices que obrigan a mellorar as condicións das vivendas que saen ao mercado poden encarecer os prezos “entre un 25 e un 30%”.
Nunha conferencia de prensa, na que tamén estivo presente a deputada Pilar Rojo, os populares botaron contra a creación do Comité Asesor de Habitalidade, que cualificaron de “novo chiringuito”.