O CD, agochado debaixo do teclado, levaba as inscricións "Confidencial" e "Home Office".
Web da Home Office
O goberno británico demostrou que non está a gardar con demasiado coidado os seus segredos. Unha pequena empresa de reparación de computadores atopou un disco coas inscricións "Confidencial" e "Home Office" (Ministerio do Interior) nun portátil que levaran a arranxar. O cliente asegurou que mercara o ordenador en eBay.
Un voceiro da empresa informática Leapfrog Computers contoulle a The Guardian que semellaba un portátil normal até que o abriron e atoparon o disco óptico agachado debaixo do teclado. "Puxemos o disco no lector para ver o que contiña, pero estaba codificado. Cando descubrín que pertencía a Interior metino na caixa forte e chamei á Policía. Os axentes estiveron case todo o día examinando o disco e mais o ordenador", dixo Lee Bevan.
Segundo o ministerio, tanto o disco óptico como o disco duro do computador estaban codificados, aínda que non se confirmou que o computador fose propiedade do goberno. E tamén se descoñece como puido rematar á venda en eBay.