Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NOMEAMENTO

Xoán Xosé Álvarez será o novo director do Inega

Anteriormente ocupaba o cargo de director do departamento de Enerxía e Planificación Enerxética.

Redacción - 18:30 28/02/2008

Xoán Xosé Álvarez Carril foi nomeado novo director do Instituto Enerxético de Galicia (Inega). A proposta da Consellaría de Innovación e Industria, da que depende o instituto, foi aprobada polo Consello da Xunta desta quinta feira. Álvarez substitúe no cargo a Xoán Ramón Doldán, que deixara o posto por motivos profesionais.

O novo responsábel do Inega formaba parte até agora da dirección do departamento de Enerxía e Planificación Enerxética do mesmo organismo. Dende 1987, Álvarez Carril leva desenvolvendo a súa profesión como enxeñeiro na posta en marcha de diferentes proxectos de aplicación de enerxías renovábeis e de planificación enerxética.


4,2/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: