Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
FESTIVAL CREAMFIELDS

A mellor música electrónica, o 2 de agosto en Vigo

O festival terá trece escenarios en 2008: de Praga a Rio de Janeiro, pasando por Liverpool e México... e tamén Vigo.

Redacción - 09:14 28/02/2008

Até o de agora o Festival Creamfields, organizado a nivel global por unha promotora do mismo nome, só contaba cunha cita na Península: O Creamfields Andalucía, que este ano celebrarase o 9 de agosto no Exido (Almería). Unha semana antes Vigo será a capital internacional da música electrónica, acollendo a grupos e artistas de primeira liña, aínda que cun cartaz aínda por decidir. Como mostra, o festival andaluz tivo en 2006 como estrelas a Pet Shop Boys, Fisherspooner ou !!!, e un ano antes contaran con Chemical Brothers, Faithless, Goldfrapp, Ladytron ou Sant Etienne.

Os seguidores galegos da música galega ven deste xeito compensada a decepción que causara o pasado ano a suspensión no último momento do festival Octopucity, que se ía celebrar no Verbum e no auditorio de Castrelos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: