Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ENTRE O 5 E O 15 DE MARZO

Chega Alternativa 20.08

Durante dez días a Sala Nasa de Compostela acollerá espectáculos de teatro, danza, musicais, performances chegadas de Barcelona, Madrid, Valladolid e Londres.

Redacción - 10:20 27/02/2008

Nestas case dúas semanas os espectadores poderán coñecer unha boa mostra de propostas locais, nacionais e internacionais de teatro de creación, música, danza e performance. Durante dez días pasarán pola Sala NASA varios traballos caracterizados pola innovación, a radicalidade e a investigación de novas linguaxes escénicas, formatos pouco frecuentes nos escenarios e circuítos galegos.

Ademais dos espectáculos que acollerá a Sala NASA, a rúa tamén servirá como escenario para a ocasión. Será a compañía Rough Company, que aínda que estabelecida en Londres conta entre os seus integrantes co escritor galego Xelís de Toro, que realizará as súas performances na Praza do Toural e na Praza Roxa.

Programación Alternativa 20.08

Mércores 5 e Xoves 6, 22.00
El Canto de la Cabra (Madrid, Teatro)
Trece años sin aceitunas

Venres 7, 18.00 (Praza Roxa) 22.00 (Sala NASA). Sábado 8, 13.00 (Praza do Toural)
Rough Company (Londres, Performance)
The Human Cubs

Venres 7, 22.00 (Valladolid, Música)
Brigada Bravo & Díaz
Músicas populares da Guerra Civil Española

Sábado 8, 22.00. Domingo 9, 20.00
Señor Serrano (Barcelona, Teatro)
Mil Tristes Tigres (Autopsia 2ª parte)

Martes 11. 22.00
Clara Gayo
Movidas
(lectura dramatizada)

Mércores 12, 22.00. Xoves 13, 20.30
Conservas (Barcelona, Teatro)
Realidades Avanzadas

Venres 14 e Sábado 15, 22.00
Konic Thtr (Barcelona, Danza e Músicas Interactivas)
Cherrybones


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: