Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO

O 'Kiosco das almas perdidas' abre na Coruña

A montaxe, dirixida polo coreógrafo catalán Roberto Oliván e con música en directo de Mercedes Peón, estará no Teatro Rosalía os días 29 de febreiro, e 1 e 2 de marzo.

Redacción - 14:20 26/02/2008

O Centro Coreográfico Galego busca abrir a danza a novos públicos, captando novos espectadores a través de novas linguaxes escénicas que mesturan distintas disciplinas e que procuran a conexión co público máis novo. A obra é froito da residencia de Roberto Oliván durante tres meses en Galicia, e está coproducido por Laboral Escena de Xixón. Para levar a cabo este proxecto Oliván reuniuse con profesionais de distintas disciplinas, buscando a colaboración entre eles.

A proposta conta con profesionais como Mercedes Peón a cargo da música, o Mago Antón na asesoría máxica, Baltasar Patiño na iluminación, Muriel Felix na videocreación, Roberto Magro ‘Tober' na dramaturxia ou Fiumfoto na videocreación. Sobre o escenario once bailaríns de distintas nacionalidades dan vida a uns personaxes que viven no límite, espidos de formas e regras.

Kiosco das almas perdidas xirará nos vindeiros meses polo Teatro Central de Sevilla, o Laboral Escena de Xixón ou o Mercat de les Flors de Barcelona, dentro da programación do Festival Grec.

Presentación na Torre de Hércules
A presentación do espectáculo tivo lugar este martes nun acto que se desenvolveu nos exteriores da Torre de Hércules. Participaron a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo; Roberto Oliván, director do espectáculo; e Mercedes Peón autora e intérprete da música, que mesmo actuou en directo, acompañada de Xosé Lois Romero. Con este xesto, o Centro Coreográfico Galego quixo amosar o seu apoio á candidatura deste monumento como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.


3,38/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: