Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Mundial de vela

Echávarri e Paz, sextos na primeira xornada en Australia

Os regatistas olímpicos galegos iniciaron a loita polo seu terceiro título mundial na clase Tornado. Os australianos Bundock e Ashby, os grandes favoritos, están no posto 19.

Redacción - 11:17 26/02/2008

Os galegos Fernando Echávarri e Antón Paz comezaron esta segunda feira a loita polo seu terceiro título de Campións do Mundo na clase Tornado conseguindo situarse no sexto posto na clasificación xeral.

Os regatistas conseguiron a primeira praza na primeira proba do día, e terminaron de décimo cuartos na segunda manga. De primeiros, polo de agora, están os alemáns Gaebler e Struckmann; e os grandes favoritos, os australianos Bundock y Ashby, están no posto décimo noveno.

Segundo os regatistas galegos, polas condicións do mar (abondo inestábel) e do tempo, neste Mundial vai haber sorpresas até o último día.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: