Inspirados por esta e outras comunidades online, os irlandeses Stephen McCormack e Eamonn Carey están a facer este filme.
"Levo traballado con Eamonn en diferentes proxectos e démonos conta do inmenso poder que teñen as comunidades online e como están cambiando a maneira na que a xente se relaciona socialmente," explica Stephen McCormack, un dous autores e director da compañía de contidos audiovisuais dixitais Wildwave Technologies.
"Mentres que os medios de cominación en xeral tratan o tema dunha maneira sensacionalista, resaltando os aspectos negativos, a nos gustaríanos centrarnos nas diferentes actividades sociais que rodean esas comunidades," engade.
Facebook nacía no 2004, creado inicialmente como unha comunidade virtual exclusiva para estudantes da Universidade de Harvard. No 2007, a paxina web pasaba os 60 millóns de usuarios en todo o mundo, principalmente nos países anglófonos. Segundo a compañía de información sobre a web Alexa, Facebook e a sétima páxina máis popular do mundo (quinta nos Estados Unidos).
Poked! e un documental sobre usuarios de Facebook e para usuarios de Facebook. As súas historias son o centro do filme e, para compilalas, McCormack e Carey teñen un grupo aberto en Facebook, un blog e unha páxina web dedicada ao proxecto.
A resposta recibida polos autores está a ser estupenda, segundo explica McCormack, que espera estrear o filme este verán e facer un tour internacional que os levara até o festival de cine de Sundance.
O documental esta construído arredor de seis temas diferentes cos que os autores queren dar unha visión de como Facebook ten cambiado, na súa curta existencia, algo tan ríxido como é o protocolo.
"Antes da aparición das comunidades virtuais, se alguén rompía coa súa moza ou mozo, aquí quedaba todo. Agora, tes que ser amigo dos teus ex en Facebook, porque non sería politicamente correcto deixar de selo. Tamén sabemos dun feixe de xente que 'controla' a que anda o seu ex-mozo ou ex-moza grazas a Facebook," explica.
Non todo o que pasa en Facebook queda en Facebook
McCormack non está de acordo cos 'apocalípticos' que acusan á rede (e en particular ás comunidades virtuais) de crear individuos mais antisociais e introvertidos. "Eu penso que é totalmente o contrario. As comunidades virtuais e a rede son outro instrumento utilizado con fins sociais. Hai xente coa que nunca terías contacto se non fose porque os atopas en Facebook.".
Facebook ten diluído o límite entre privado e público con consecuencias perigosas para algúns. "Buscando información para o documental, atopamos unha historia dun rapaz no Reino Unido que tiña unha moza paquistaní pero a súa familia non sabía da relación. Os seus irmáns descubrírono a través de Facebook e puxéronlle un prezo á cabeza do rapaz polo que tivo que anular a súa conta e todo o relacionado con el para evitar que o atopasen," explica McCormack.
O equipo de Poked! tamén ten atopado historias máis positivas, como a dunha muller que non se deu conta de que algunhas das mensaxes en Facebook son públicas e colgou una foto do seu home totalmente espido, somente cunha trade eléctrica cubríndolle as súas partes máis íntimas.
Se hai unha cousa que Poked! amosará cando chegue ás pantallas no verán á que non todo o que pasa en Facebook queda en Facebook.