Piden tamén a oficialidade para o futsal nacional, nunha campaña que xa comezaron e que ha seguir deica a estrea da selección, o vindeiro 29 de febreiro en Ferrol.
Os e as Siareir@s Galeg@s están preparalo todo para a súa nova campaña nacional, que acompañará a estrea da selección galega de fútbol sala, que será o vindeiro 29 de febreiro en Ferrol.
A campaña segue a liña da desenvolvida en decembro dentro das actividades realizadas á volta do partido da irmandiña contra Camerún, e céntrase na reclamación da oficialidade, tamén para este novo combinado.
A organización lembra ademais que o futsal é un deporte con gran tradición en Galiza, e que eles e elas todas van estar o 29 deste mes na Malata, apoiando a selección nacional.