O goberno vasco sospeita que o artefacto, que só causou danos materiais, era unha trampa contra os axentes da Ertzaintza.
Unha bomba, composta por entre tres e catro quilos de explosivo, estourou a mediodía deste sábado nun monte Bilbao cando efectivos da Ertzaintza intentaban desactivala. Os axentes da policía autónoma vasca coidan que o artefacto, que só causou danos materiais, era unha trampa para os artificieiros. Unha chamada anónima en nome de ETA alertou ás 8.40 de que había un artefacto no monte Arnotegi.
Poden ampliar información en Deia