Os partidos galegos descartan que o voto da diáspora sexa determinante, aínda que, por outro lado, PPdeG e PSdeG fixeron campaña entre a emigración.
O vindeiro 9 de marzo poderán votar uns 324.388 emigrantes galegos tendrán, un 5,57 por cento máis que nas eleccións xerais do ano 2004 (naquela altura eran 306.335).
Por provincias é a de Pontevedra a que máis electores incorporou ao Censo de Residentes Ausentes (CERA) en termos absolutos, con 6.260 novos rexistros. A Coruña sumou 4.470 emigrantes dende 2004; e Ourense e Lugo tamén engrosaron o seu censo, con 3.878 e 3.445 respectivamente.
En canto aos países, é Arxentina o país que conta con máis galegos con dereito a voto (116.229); de feito a súa capital, Bos Aires, só é superada en número de electores por tres cidades galegas: Vigo, A Coruña e Ourense. Segue a listaxe de países con maior número de votantes potenciais con Venezuela (33.019), Brasil (29.049), Suíza (29.189) e Uruguai (28.286).
O voto emigrante non é determinante (segundo PSdeG e PPdeG)
Os dous partidos din que non é determinante para o resultado final, mais tanto uns coma outros, socialistas e populares, contaron cos residentes ausentes nas súas planificacións de precampaña; só o BNG deixou de introducir na súa axenda electoral as visitas á emigración.
De entre estas viaxes á diáspora está a do presidente del PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, quen voou a Brasil a mediados de xaneiro, así como a Venezuela, México, Arxentina e Uruguai en febreiro. Tamén o deputado no Congreso e cabeza de cartel do PPdeG á Cámara baixa por Ourense, Celso Delgado, viaxou a Suíza e Alemaña; e Ana Pastor (número un por Pontevedra) estivo en Nova York.
Polo lado socialista tamén viaxaron a ministra de Agricultura e candidata do PSOE por Ourense, Elena Espinosa, quen foi a Arxentina a pasada semana acompañada polo secretario xeral de Emigración, Manuel Luis Rodríguez. Tamén viaxou a Arxentina o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, desta volta en xaneiro.
Estas viaxes deron para todo tipo de acusacións, lanzadas dun partido a outro, e de volta.