Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
'THE EBAY REVOLUTION'

Os usuarios de eBay están en folga

A folga das transaccións: É unha nova presión que os usuarios de eBay decidiron exercer durante unha semana, do 18 ao 25 de febreiro

Redacción - 12:35 20/02/2008

Protestan contra a decisión da dirección de suprimir o sistema de avaliación dos vendedores. Os vendedores xa non terá oportunidade de valorar negativamente aos compradores.Esta modificación, anunciada o 29 de xaneiro por John Donahoe, que se prepara para substituír a finais de marzo á actual presidenta do grupo, Meg Whitman, inscríbese no marco dunha serie de cambios das tarifas e procedementos de venda previstos para entrar en vigor o 20 de febreiro nos Estados Unidos.

As sumas tomadas sobre cada obxecto posto en venda baixarían dun 25 por cento ao 50 por cento, pero as comisións impostas despois das vendas aumentarían ao menos outro tanto. Suprimiríanse as avaliacións negativas dos vendedores para os compradores e impoñeríase o sistema de pagamento Paypal aos vendedores que teñen menos de 50 valoracións.

Estas novidades, impostas co fin de canalizar os cambios que sofre eBay desde hai un ano, non son do gusto dun gran número de usuarios, que decidiron facérllo saber iniciando a primeira folga mundial dos compradores e vendedores sobre eBay ("Worldwide eBay buyer and seller strike"). "Non compra, non venda, non actividade": O lema non pode ser máis claro. Convídase aos membros de non poñer obxectos á venda. E para apoiar as súas razóns, os folguistas difunden un vídeo explicativo, titulado The eBay Revolution.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: