Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
MESA REDONDA DE PEPE CARREIRO

'Os Bolechas' arrasan na Habana

Nun auditorio ateigado, o autor destacou a importancia de "debuxar en galego".

Redacción - 11:43 20/02/2008

O ilustrador Pepe Carreiro abriu o ‘V Encontro Teórico Niños, Autores y Libros. Una merienda de locos' xunto ao Premio Nacional de Deseño, Rafael Morante. Cun cheo absoluto no pavillón infantil, Carreiro subliñou a importancia de que a súa obra estea escrita galego, "unha lingua minoritaria" e ensalzou Galiza como "unha gran potencia nos debuxos animados".

Sobre Os Bolechas, Carreiro salientou que "o que hoxe, no século XXI emociona aos primeiros lectores xa o facía cando eu era un neno". Por iso entre as claves do éxito da serie de contos dos Bolechas distinguiu que "conta historias de aventuras cotiás que fan que os nenos se reflictan nas personaxes, unha técnica de debuxo de liña clara con pincel, lápis e tinta china, unha narración clásica e a ausencia de grandes perspectivas, ademais de un humor infantil con certa malicia inxenua".

Os actos continuaron ao longo do día destacando o seguinte encontro que sobre ‘Literatura infantil e sociedade' reuniu a Fina Casladerrey, Agustín Fernández Paz, Xosé A. Neira Cruz e Manuel Cráneo. Óscar Villán levou a cabo un taller infantil e Xabier P. Docampo foi o encargado de clausurar o `V Encontro Teórico Niños, Autores y Libros. Una merienda de locos'.

Manuel Rivas tamén triunfa
Manuel Rivas atopouse cos lectores cubanos na presentación da edición de El lápiz del carpintero da editorial cubana Arte y Literatura, nunha sala ateigada de escritores cubanos de recoñecido prestixio que presenciaron a emotiva presentación da obra que ofreceu Laydis Fernández de Juan. A escritora cubana leu un fragmento da obra de Rivas e, facendo referencia a unha cita de Miguel Hernández tomada do propio Lápis, "con el sol español puesto en la cara / y el de Cuba en los huesos", asegurou que El lápiz del carpintero é unha mostra de que "Cuba e Galiza son irmás".

Música e cinema
A música correu a cargo de Abe Rábade, Guadi Galego e Ugía Pedreira, con Nordestin@s, que actuaron na sala Lecuona do Gran Teatro de La Habana, antigo Centro Galego. En canto ao audiovisual, proxectouse o filme De Profundis, de Miguelanxo Prado, no Multicine Infanta, dentro da programación de proxeccións en pantalla grande que comezaron o sábado, coa proxección de Liste, pronunciado Lister, de Margarita Ledo. Na mesma sala, a actriz Camila Bossa presentou A mariñeira, o último filme de Antón Dobao. A actriz protagonista tivo que asinar numerosos autógrafos ao remate da película, que encandilou ao público asistente pola forza da historia e a beleza das paisaxes.


4,33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: