Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
RAMONET PRESENTA A EDICIÓN DE XERAIS DAS SÚAS CONVERSAS

Fidel falará galego este sábado

A obra, actualizada e revisada, será presentada na Habana polo seu tradutor, Xosé Manuel García Crego.

Redacción - 10:00 23/02/2008

Quixo a casualidade que Galiza fose a protagonista na Feira Internacional do Libro da Habana no momento histórico da renuncia de Fidel Castro a continuar no cargo de presidente. E tamén é coincidencia que na mesma semana en que isto se producía se presentase a versión galega, editada por Xerais, das conversas de Ignacio Ramonet co líder cubano. Fidel Castro, A Miña Vida, publicado en castelán orixinalmente co título de Cen horas con Fidel, presentarase este sábado na Feira do Libro a partir das once e media da mañá na Sala Nicolás Guillén.

Non se trata dunha simple tradución, pois a obra foi aumentada e actualizada (mesmo foi revisada polo propio Fidel durante a súa convalecencia). A obra, produto das entrevistas que Ignacio Ramonet tivo con Fidel Castro durante tres meses, repasa toda a vida do presidente de Cuba, dende a súa infancia, a Revolución ou os momentos que marcaron a historia do país nas últimas décadas, como a crise dos mísiles e a visita de Xoán Paulo II, así como a relación de Fidel co Che Guevara e Hugo Chávez, e o futuro do socialismo.

Finalmente, o libro, traducido por Xosé Manuel García Crego, tamén trata as orixes galegas de Castro, así coma a participación de galegos no asalto ao cuartel Moncada e no proceso revolucionario. Ademais, un dos capítulos está dedicado a Manuel Fraga e noutro repasa as súas relacións co Estado Español a través de Felipe González e José María Aznar.


4,64/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: