A Plataforma pro-Seleccions Esportives Catalanes ofrece unha aplicación que lle engade a este xogo de computador o combinado galego, catalán, vasco e andorrano. Vieiros fixo algo semellante hai dous anos.
Tamén hai equipo das segundas divisións catalás (Gimnastic e Taragona) e vascas (Real Sociedad, Eibar e Alavés), así coma o Girona, o Terrassa, o Sabadell, o Gavà, o Lleida, o Gramenet, o Badalona, L'Hospitalet e o Espanyol B, de 2ª B; e o Castelldefels Reus, o Santo Andreu ou o Barcelona B, de terceira división.
Estes, engadidos ás seleccións nacionais vasca, catalá, galega e andorrana, fan un xogo ben completo, no que se pode escoller o equipo co que un máis se identifique.
Esta aplicación pode descargarse na páxina da Plataforma pro-Seleccions Esportives Catalanes, de balde (fai falta rexistrarse), e tamén inclúe os informes actualizados de cada equipo, as convocatorias dos partidos, as últimas fichaxes actualizadas, publicidades de empresas catalás no terreo de xogo e faixas, axeitadas para os partidos da selección catalá (incluíndo a de Una Nació, una Selecció, que é a propia da Plataforma).