Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CONTINÚA A FEIRA DO LIBRO DA HABANA

Acordo de colaboración entre a Xunta e a Escola de Cinema de Cuba

Ademais, o Consello da Cultura e a consellaría dixitalizarán os fondos bibliográficos galegos na illa.

Redacción - 11:48 18/02/2008

Continúa a Feira Internacional do Libro da Habana, un evento masivo e variado, que vai moito máis aló da presentación e venda de libros. Tamén a presenza galega, que nos últimos días está cristalizando na sinatura de acordos de colaboración entre os dous países. Galiza colaborará coa prestixiosa Escola Internacional de Cine e Televisión de Cuba (EICTV), unha colaboración que terá como base a formación dos profesionais do audiovisual, así como o fomento da produción e a difusión de materiais audiovisuais de creadores iberoamericanos e galegos.

Así, o EICTV enviará profesores a Galiza a impartir cursos de formación, así como promoverá o intercambio estudantil, acollendo estudantes de audiovisual galegos. Do mesmo xeito, a Xunta enviará profesionais galegos do audiovisual a impartir clases ao EICTV, así como fomentará a presenza de bolseiros cubanos en institucións e empresas audiovisuais galegas. En canto ao intercambio e desenvolvemento de proxectos conxuntos, ambas as dúas institucións comprométense a intercambiar materiais de produción propia e equipamento.

Dixitalización dos fondos galegos en Cuba
Na fin de semana a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, e o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, asinaron un protocolo de colaboración coa directora do Instituto de Literatura e Lingüística José Antonio Portuondo (ILL) para a recuperación e recompilación da documentación dos fondos galegos que atesoura a Sección de Arquivo da Biblioteca "Fernando Ortiz".

Este fondo contén documentos que datan dos séculos XIX ao XX e está formado polo Arquivo Galego, integrado pola documentación xerada durante a vida activa da institución maior dos galegos en Cuba, o Centro Galego da Habana, reunida no seu arquivo de xestión que deveu nun valioso fondo arquivístico de carácter histórico e que constitúe unha fonte indispensable de consulta para o estudo da emigración galega en Cuba. Tamén inclúe unha colección das Memorias do Centro Galego da Habana; publicacións periódicas, que constitúen a maior colección de publicacións da colonia galega en Cuba durante os séculos XIX e XX.

Masivo interese dos cubanos polos libros e concertos galegos
O domingo celebrouse un emotivo acto da colectividade galega ao que asistiron varios centos de persoas. Houbo intervencións dun representante das asociacións galegas en Cuba, así como discursos de Xosé Neira Vilas e o presidente do Consello da Cultura, Ramón Villares. O acto contou tamén coa actuación de Uxía e o seu pianista Paulo Borges, ademais dun grupo de baile da Asociación Rosalía de Castro de Cuba. Tamén foron un completo éxito os concertos ofrecidos pola Real Filharmonía de Galicia xunto con Carlos Núñez, no Teatro Amadeo Roldán, e de Mercedes Peón no recinto da Feira.

Por outra banda, tamén hai un grande interese polos libros levados á Habana polas editoriais galegas. A Asociación Galega de Editores (AGE) estima que entre esta fin de semana e os primeiros días da semana seguinte esgotaránse os seis mil exemplares que chegaron a Cuba dende Galiza. Afonso García Sanmartín, presidente da AGE, admitiu a "sorpresa" coa que asiste ás longas colas de xente que espera para poder acceder ao pavillón de Galiza na Fortaleza da Cabana.

Así mesmo, este domingo inaugurouse na Casa das Américas a exposición "10 años de historieta gallega", realizada pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI). Ánxela Bugallo estivo acompañada no acto polos debuxantes Miguelanxo Prado, Fran Jaraba e Santy Gutiérrez. Trátase dunha mostra retrospectiva dos autores máis significativos da banda deseñada galega da última década, composta por 43 paneis, dous deles introdutorios, nos que se fai un repaso histórico xeral á BD dos últimos 10 anos, e os outros 41 con fichas dos autores nas que cada unha inclúe dúas páxinas da obra de cada autor,


4,22/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Visita de Ánxela Bugallo ao Instituto Superior de Artes
Visita de Ánxela Bugallo ao Instituto Superior de Artes
Concerto de Mercedes Peón
Concerto de Mercedes Peón
Acordo de colaboración para dixitalizar os fondos galegos
Acordo de colaboración para dixitalizar os fondos galegos
Actuación de Uxía no acto para a colectividade galega
Actuación de Uxía no acto para a colectividade galega