Os lucenses perderon en cuartos con Interviu (4-0) e o clube compostelán foi eliminado por El Pozo en semifinais nun gran partido que se decidiu na prórroga (4-3)
O Autos Lobelle foi mellor que os murcianos de El Pozo, como reclamou José Venancio ao finalizar o encontro, pero un gol de Vinicius a 49 segundos do remate da prórroga acabou coas esperanzas galegas. O tempo regulamentario pechárase cun empate a dous tantos. Xa na prórroga Kike adiantou aos murcianos a dous minutos do final, pero o Lobelle empatou cun gran disparo de Alemao, que estaba xogando de portero-xogador. Cando todo o mundo pensaba nos penaltis, o brasileiro Vinicius, nunha gran xogada persoal decidiu o encontro.