A obra, dirixida aos rapaces, busca romper os preconceptos e as falsas ideas sobre as vantaxes e desvantaxes dos fillos criados por parellas homosexuais.
O Livro de Pedro é unha historia infantil narrada en primeira persoa por Maria, que lle conta á súa filla como ela viviu unha infancia feliz nun contexto pouco común: tivo dous pais, o Pedro e o Paulo, parella homosexual. A historia remata coa filla de María en casa dos avós, Pedro e Paulo, no día en que todos celebran o cumpreanos da pequena.
É o primeiro libro infantil de Portugal que trata de xeito tan directo a homosexualidade, sobre todo o xeito en que un rapaz críase nese entrono, con dous proxenitores do mesmo sexo. A obra, realizada pola ilustradora Manuela Bacelar, presentouse este xoves en Lisboa e está editado por Porto Editora.