Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
O mellor futsal do país

O Lobelle pasa á seguinte rolda, e aínda queda saber que pasa co Azkar

Os de Compostela gañáronlle esta quinta feira ao MRA Navarra por 2-4. Esta sexta xoga o Azkar contra o Interviú.

Redacción - 12:10 15/02/2008
Un momento do partido do Lobelle

Un momento do partido do Lobelle

O Lobelle xa comezou o partido colléndolle a agulla de marear ao MRA e, en pouco tempo, evitando os perigos dos de Navarra, foron poñendo a súa pegada no marcador. Os de Santiago foron atacando cada vez máis a portería do rival, mentres este se dedicaba aos tiros cruzados e a buscar o empate, se non daba chegado a superar aos galegos.

Ao final os do Lobelle demostraron, en poucos minutos, que querían pasar de rolda e aspirar a gañar a Copa. O 2-4 final no marcador, obra de Carlinhos demostraba a calidade dos galegos.

A quenda do Azkar
Esta sexta feira, ás 19:00 horas, é a quenda dos lugueses do Azkar, que se enfrontarán ao Interviú Fadesa, un óso duro de roer, posto que leva anos mantendo un estraño idilio con esta competición, tempo no que gañou tres títulos e xogou cinco finais consecutivas.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: