 
A pontevedresa ten opcións de seguir adiante neste torneo chileno da WTA, que puntúa para o circuíto internacional.
 
											Lourdes Domínguez
A tenista galega Lourdes Domínguez clasificouse para cuartos de final no torneo de Viña del Mar (Chile), puntuábel para o circuíto WTA do tenis feminino internacional, ao verse beneficiada polo abandono por lesión da arxentina Gisela Dulko, segunda cabeza de serie.
A pontevedresa nin sequera tivo que saír á pista de po de ladrillo para selar o seu pase á seguinte rolda, porque a súa rival xa tiña decidido que non ían xogar, tras se lesionar nunha perna na primeira rolda do torneo. 
Agora, Domínguez terá que se enfrontar á vendedora do duelo entre a checa Klara Zakopalova e a croata Jelena Kostanic Tosic.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto