Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
Xerais08

Malia acordalo o Parlamento hai un ano, os mariñeiros seguirán sen poder votar

O deputado do BNG, Bieito Lobeira, denuncia o incumprimento da resolución que lles permitiría á persoas embarcadas exerceren o seu dereito ao voto.

Redacción - 18:34 14/02/2008

O deputado do BNG, Bieito Lobeira, denunciou esta quinta feira no Parlamento que a día de hoxe estase a incumprir a resolución aprobada na cámara na que se reclamaban medidas para permitir que os mariñeiros e as persoas embarcadas poidan exercer o seu dereito a voto o vindeiro 9-M.

Deste xeito o expresou nunha pregunta parlamentaria dirixida á Xunta, na que quere aclarar cales foron as medidas desenvolvidas polo goberno español para materializar o acordo de PSdeG, PPdeG e BNG no Parlamento.

Procurar solución para que poidan votar os mariñeiros
Lobeira lembrou que aquel acordo, asinado polos tres partidos con representación no Pazo do Hórreo, foi ratificado o 25 de abril do ano pasado nunha sesión plenaria, e nel instábase ao goberno español a modificar a actual normativa e a buscar as solucións técnicas para facilitar o sufraxio das persoas en alta mar, dentro da súa propia embarcación, de xeito que se respectasen os seus dereitos.

"Un ano despois os dereitos civís dos mariñeiros galegos embarcados seguen sen poder ser exercidos", lembrou o deputado do BNG, quen tamén censurou a actitude do goberno español, que non "procurou ningunha medida" para mudar as cousas. Neste sentido, Lobeira acusou ao goberno de Zapatero de non se ter esforzado "do mesmo xeito" que o fixo con outros colectivos, como as tropas españolas que se atopan en Afganistán.

Outra volta, o voto emigrante

Lobeira tamén relacionou a imposibilidade de participar nos comicios dos mariñeiros coa situación do voto emigrante, e lamentou que vaian votar descendentes de galegos de terceira xeración "sen as mínimas garantías" e non miles de galegos que andan ao mar.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: