Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
GAÑADOR DO CONCURSO 'LETRAS DE GALICIA A CUBA'

"En poucas verbas: A nosa cultura tamén é vosa"

Despois de doce días e 370 mensaxes, elixiuse por sorteo ante notario o gañador do certame de microrrelatos organizado pola CRTVG e a Consellaría de Cultura.

Redacción - 09:00 14/02/2008

E o gañador é... Gabriel Arán Ferreiro, que obtivo unha viaxe para dúas persoas á Habana. Así o decidiu o sorteo ante notario celebrado este mércores, e retransmitido en directo pola Radio Galega. O seu microrrelato foi En poucas verbas dígolles a todos os cubanos: A NOSA CULTURA TAMÉN É VOSA!

Este texto, así como os outros 369 enviados ao concurso de microrrelatos Letras de Galicia a Cuba serán proxectados nunha pantalla situada no pavillón de Galiza na Feira. Ao tempo, calquera cubano poderá ir deixando alí mesmo as súas letras para o pobo galego, que se poderán ver na páxina web da CRTVG.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: