Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CINEGALEGO.ES E AUDIOVISUALDEGALICIA.ES

Novas ferramentas para o cinema do futuro

Os novos portais presentados esta mañá servirán para difundir as producións galegas no escenario dixital, axeitando o sector ás novas formas de transmisión de contidos.

Redacción - 09:00 14/02/2008

Cine galego na rede é unha canle que abre unha nova vía para a promoción e difusión das obras feitas en Galicia e tamén constitúe unha nova fiestra de explotación comercial, aproveitando as vantaxes de inmediatez e universalidade que ten a rede. O proxecto estruturado en fases, congrega ata o de agora os trailers de 54 documentais, 56 longametraxes, 17 series de ficción, 44 series documentais e 8 TVmovies. Tamén incorpora 69 curtametraxes das pasadas edicións do concurso Curtas na Rede.

O servizo creouse co obxectivo de dixitalizar e clasificar as producións galegas seguindo estándares internacionais. O fin que persegue é a promoción do noso audiovisual, ao tempo que se proporciona unha plataforma que sirva de escaparate do audiovisual feito en Galicia. Así mesmo, tal e como destacou o director xeral, facilita o acceso aos contidos audiovisuais ás canles de televisión local e da TDT, permitindo o acceso aos datos fundamentais para negociar a súa emisión.

Audiovisualdegalicia.es

Audiovisualdegalicia.es "é un portal que aglutina o audiovisual propio e pretende ser a porta de referencia do audiovisual galego, a porta de entrada única do audiovisual creado ou filmado en Galicia", como explicou esta mañá o director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias. Englóbase nun só portal toda a temática audiovisual galega ofrecendo a posibilidade de subscrición a todos os contidos a través de RSS. É un portal que comparte a información noutros sitios web garantindo a difusión, o recoñecemento, a posta en valor e a divulgación do audiovisual galego.

Constitúe unha web na que se rompe co deseño web tradicional baseado nun menú de navegación, na que todo varía en función do contido, o ritmo e a imaxe de cada fotograma. A páxina presenta un fluxo de vídeo continuo que se nutre do cine galego na rede, de xeito que se aproveitan as sinerxías entre proxectos mantendo o obxectivo de promocionar o cine creado ou filmado na comunidade.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: