Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
FESTA DE MONDOSONORO EN COMPOSTELA

Exame para tres novas bandas galegas

'Moondogs Blues Party', 'Portrait' e 'Telémaco' buscan facerse un oco na escena musical do país con tres estilos moi distintos: blues, pop e electrónica.

Redacción - 11:24 14/02/2008

Mondosonoro, unha das publicacións especializadas en música máis populares, organiza todos os anos as Festas Demoscópicas, que en cada comunidade autónoma buscan novos talentos. Nesta ocasión Moondogs Blues Party, Portrait e Telémaco son as bandas convidadas, nun concerto que terá lugar na sala Capitol de Compostela este xoves, con entrada de balde.

Comezará o concerto o blues de Moondogs Blues Party, que vén de representar a Galiza en Canne, no stand que o IGAEM colocou no Mídem. O seu álbum O cadelo lunático pode descargarse de balde na Regueifa Plataforma. Actualmente a banda está composta por Javier Prado (guitarra e voz), Kevin Traba (batería), Javier Campello (guitarra e voz), Iria Novo (baixo), Klaus Martin (trompeta) e Alicia Val (frauta traveseira).

A seguir, actuarán os vigueses Portrait, unha banda formada en 2005 a partir dunha base de catautor folk que deu lugar ao EP Self. Dende entón o grupo foi engadindo compoñentes e instrumentos, enriquecendo o seu son e achegándoo ao pop-rock. O pasado verán actuaron no Lolapop de Pontecaldelas.

Pecharán a noite os lucenses Telémaco, unha conxunción de música electrónica, jazz, ambient e outros estilos. Teñen xa dous discos editados, Outótono Aire (2005) e Terra (2007), e nos vindeiros meses publicarán o seu terceiro traballo, Auga.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: