Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
TIC e idioma

Gales inventa a normalización lingüística tecno-colaborativa

A Asemblea Nacional pon na rede un wiki para que os cidadáns poidan achegar as súas propostas para a próxima lei de normalización lingüística.

Redacción - 12:15 13/02/2008

Eivas no aspecto lexislativo, casos de discriminación lingüística e déficits no apoio das administracións son algúns dos problemas do galés, segundo o informe que chegaba recentemente á Asemblea Nacional de Gales.

O goberno afrontará a revisión das normas que lle afectan ao idioma, e nese proceso de redacción dunha nova lei de normalización lingüística, os parlamentarios acordaron abrir un proceso de participación aproveitando as ferramentas tecnolóxicas.

Así, o formato wiki foi a ferramenta escollida para fornecer un método de colaboración, o Wiki Law Making capaz de recibir todo tipo de propostas e ideas acerca da lei que substituirá a normativa vixente, con xa quince anos de antigüidade. Neste tempo, o galés que cando se redactou a lei era falado polo 18% da poboación, incrementou o número de falantes até o 22%. A iniciativa de reforma lexislativa chega da man do grupo independentista Plaid Cymru, que goberna en coalición co Partido Laborista desde o ano pasado.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: