Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
DIEGO ANIDO NO SALÓN TEATRO

As performances son (necesariamente) públicas

Os espectadores poderán seguir os ensaios de 'Cascuda', a última obra do creador galego. Un work-in-progress á vista do público.

Redacción - 11:56 13/02/2008

O Salón Teatro de Compostela acolle a residencia técnica de Diego Anido que, dende este martes e até o sábado 16 de febreiro, traballa á vista do público na súa última creación, Cascuda, que coproduce o Centro Dramático Galego e será estreada en maio na Sala Nasa. Este work in progress é unha experiencia pioneira, xa que é a primeira vez que a compañía pública aposta por este tipo de residencia onde ofrece ao creador a posibilidade de traballar cos medios e os recursos que lle proporciona un espazo escénico como o Salón Teatro.

Diego Anido é un dos creadores galegos máis relevantes da actualidade. Formouse na escola Espazo Aberto de Santiago e estreou o seu primeiro espectáculo no 2004 en Galicia. Desde entón, vén realizando unha carreira artística distinguida polo carácter pouco convencional das súas propostas escénicas e a utilización de recursos variados como a danza, o teatro, a perfomance e a música.

Anido abrirá ao público os seus adestramentos físicos en horario de 10 a 12 horas martes, mércores e xoves, mentres que o venres 15 e o sábado 16 ofrecerá dous ensaios abertos e gratuítos que darán comezo ás 20.30 horas.


4,25/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: