Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Proposta do BNG

PSdeG e PPdeG de Lugo votan xuntos contra a integración dun centro na rede de Galescolas

Os socialistas ampáranse na "autonomía municipal" para rexeitar a iniciativa, e o 'populares', na "defensa do ensino en castelán".

Redacción - 18:23 11/02/2008

Populares e socialistas de Lugo enrocáronse na mañá deste luns nas súas posicións contrarias á posta en funcionamento dunha nova escola infantil da rede Galescolas na cidade. Así, os 12 concelleiros do PSdeG-PSOE e os nove do PPdeG na Corporación de Lugo votaron en contra da proposta presentada polo BNG para integrar na rede a escola infantil da Piringalla.

Os socialistas defenderon a xestión directa das escolas infantís e afirmaron que a rede posta en marcha pola Xunta atenta contra a autonomía municipal. Pola súa banda, os populares, por medio de Alicia Peña, acusaron á rede pública de escolas infantís de "excluínte" e defenderon unha vez máis o ensino en castelán.

Xosé Chorén, do BNG, reprochoulles aos socialistas a súa postura, por entender que non é leal coa Xunta, e lembroulles que o Consorcio Galego de Servizos Sociais (do que Lugo non forma parte) agrupa máis de 200 concellos de todo o país, moitos deles con alcalde do PSdeG, como Vigo, Santiago de Compostela, Ourense ou A Coruña. Chorén tamén acusou ao alcalde lucense, Xosé Clemente López Orozco, de privar aos lucenses de inversións na cidade.


2,33/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: