Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Segue lesionado

Oubiña deixa o Birmingham

O Celta podería acollelo cando se recuperase, no mes de maio. O sábado rescindiu o seu contrato co clube británico.

Redacción - 12:05 11/02/2008
No momento de se lesionar

No momento de se lesionar

O futbolista galego, Borja Oubiña, chegou o sábado a un acordo do Birmingham City, (onde estaba, cedido polo Celta) para rescindir o seu contrato.

No setembro pasado Oubiña, xusto no primeiro encontro que xogaba como titular co seu novo equipo, fronte ao Liverpool (o segundo partido desde que fora cedido), sufriu unha rotura de ligamentos cruzados, pola que o tiveron que operar, pasando fóra do campo os últimos catro meses.

Aínda terá que estar en recuperación outros dous ou tres meses, mais podería estar mellor para poder axudarlle ao Celta na loita polo ascenso. Para isto o clube celeste só tería que inscribilo (estamos fóra do prazo de fichaxes, mais el non é un xogador en activo, senón considerado no paro).

De todos os xeitos, aínda non houbo ningunha noticia por parte do clube vigués para volver fichar o dianteiro, que segue coa súa recuperación na cidade olívica.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: