Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
O equipo ciclista profesional galego comeza a nova tempada

Ti a Mallorca e eu a Malaisia

O KGZ estrea o ano correndo en dous puntos ben distantes do planeta. Andan todos con moitas ganas, pero sen a certeza de saber como están de forma.

Redacción - 18:30 08/02/2008
Saíndo de Peinador, a parte que vai a Mallorca

Saíndo de Peinador, a parte que vai a Mallorca

No sábado o KGZ comezará a súa segunda tempada no ciclismo profesional, correndo a primeira etapa do Tour de Langwaki (Malaisia). Serán 186,2 quilómetros practicamente planos: unha festa para o sprinters... algo polo que non destacan precisamente os corredores do KGZ.

De todos os xeitos, Pino dixo que gardan as súas bazas para esta xornada: nas chegadas, sen ser velocistas puros, han pelexar David García e Vladimir Isaychev. Por outro lado, o primeiro porto de montaña non se atopa até a sexta etapa (4ª categoría) e o segundo e último está na oitava e penúltima etapa (este podería ser o que decidise a clasificación xeral). Nas etapas con portos teñen opcións Ramón Troncoso, Juan Mourón e Gustavo César Veloso. Troncoso mesmo podería situarse nunha moi boa posición, debido ao seu bo estado de forma.

O vento e as altas temperaturas serán factores aos que terá que enfrontarse o pelotón e que poderían evitar as chegadas masivas, segundo advertiu o director deportivo do equipo galego, Álvaro Pino.

A outra metade, a Mallorca

Despois de tres meses de ximnasio, piscina, adestramentos en bicicleta e concentracións, os corredores galegos están cansos (psicoloxicamente) e xa andaban pedindo por unha carreira que os metese en competición. E conseguírono: a metade do equipo que non vai a Malaisia, marcha para Mallorca, con José Ángel Vidal á fronte.

Antes de partir, cada un foi dando as súas impresións: Mosquera dixo estar con "algo máis dun quilo de peso que o ano pasado", mais asegurou que as súas opcións en Mallorca xa non son as mesmas que a tempada pasada, ao teren suprimido os organizadores o final en alto.

David Abal, o máis novo do equipo, dixo ir "máis tranquilo, porque xa sei o que me vou atopar alí e non me asusta". Tamén asegurou que lle gusta "dar o mellor nivel" noutras probas, como a Volta a Asturias ou a Volta ao País Vasco.

Un dos novos profesionais, Delio Fernández, asegurou que sobre todo, quere "comezar a correr canto antes. Quero saber por min mesmo como é a cousa". Isto parece ser unha constante entre os corredores, que queren ver o que poden demostrar nesta primeira proba balear, en pleno comezo da tempada.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: