A nova ferramenta de Google permite saber o que se escribe no mundo, desde un lugar concreto
Google News que segue a ser unha ferramenta cómoda -en particular, porque lle permite ao usuario estar informado sobre a actualidade mundial e en diferentes linguas- acaba de lanzar un servizo local. Ou máis ben, glocal, porque permite saber o que se escribe no mundo, desde un lugar concreto.
Xusto por debaixo das noticias máis importantes pódese insertar o código postal ou o nome de cidades para para ter inmediatamente a información local correspondente.
No seu blog oficial onde anuncian a noticia, os responsables afirman que, a diferenza doutros lugares que xa dan informacións locais, créano instantaneamente para "todas as cidades, estados ou países no mundo a partir de milleiros de fontes".
O sistema só é accesible, polo momento, para as noticias en inglés. A idea é favorecer as fontes locais.
Esta alternativa podería constituír unha ferramenta privilexiada para o curiosos e para os xornalistas, cando un acontecemento está lonxe e se quere completar o traballo feito polas axencias con fontes locais, xeralmente máis abundantes e máis precisas.