Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CICLO SONS DO EIXO

Galiza e Portugal, unha mesma lingua: a música

Dende o 7 de febreiro até o 20 de marzo actuarán no Passos Manuel de Porto catro bandas galegas e outras tantas no norte luso.

Redacción - 09:30 05/02/2008

Os concertos, que terán lugar os xoves, cunha periodicidade quincenal, comezarán esta semana coa actuación de The Astroboy (Braga) e Elodio y Los Seres Queridos (Vigo), coa intervención final de Dj Scotch. Será na sala Passos Manuel, situada en Porto na rúa do mesmo nome. Os concertos están organizados por Audiência Zero e neles colabora a Faculdade de Belas Artes do Porto, que seleccionará aos dj's participantes.

O resto dos concertos do ciclo

21 de febreiro: Malcontent (Porto) e The Virginals (A Coruña). + Dj Teo
6 de marzo: Conjunto Contrabando (Porto) e The Majestics (A Coruña). + Dj Pequenos Póneis
20 de marzo: Musgo (Porto) e Colectivo Oruga (Ponteareas). + Dj DSP

O 1 de marzo, Galiza em trânsito
Na mesma rúa Passos Manuel, mais na sala Maus Hábitos, desenvolverase o 1 de marzo un conxunto de actividades culturais, organizadas pola Gentalha do Pichel, e denominadas Galiza em Trânsito. Pola tarde, a partir das sete, presentaranse dous libros de Raquel Miragaia e Marcos Lorenzo, e a seguir abriranse dúas mostras de Luz Castro e Miguel Muñiz e do fanzine 1 folio do Colectivo 1 folio. Ás oito e cuarto, na sala de espectáculos do Maus Hábitos Fran Riveiro representará a súa obra Cos pés na terra, de danza.

Xa pola noite, cun prezo de 5 euros, terá lugar a actuación de Teatro d2 e a súa obra Flores Migratórias. Despois virá a música de Marful, e para rematar, a iso da unha subiran ao escenario The Chemical Orange.


4,43/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: