Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
DEVOLVEN OS CARTOS CON CADA VALORACIÓN POSITIVA

Declaracións de intencións, baixo pena de multa

Unha web obriga baixo contrato aos usuarios a cumprir os seus obxectivos e cóbralles por non o faceren

Redacción - 17:57 04/02/2008

"Está decidido!" Os bos propósitos de principios de ano comezan a miúdo como iso: parar de fumar, retomar o ximnasio, aprender chinés, etc. Un prepárase a cambiar algo na súa vida, e a facerllo saber a alguén, quen estaría tamén disposto a pagar 10 euros por cada cigarro que non debería fumar? Ou 50 euros por cada serie de abdominais "esquecida?".

Unha web americana, Stickk.com, posto en liña en xaneiro, propón axudar aos menos motivados a cumprir os seus compromisos facturando a cada un polos obxectivos que non foron mantidos.

O principio, tan simple como excéntrico, é eficaz, a xulgar polas experiencias persoais dos fundadores da web, dous profesores de Economía e dereito da Universidade de Yale. Unha penalización económica, libremente consentida, actuaría como un catalizador de motivación.

Dean Karlan, por iniciativa de sitio de internet, conseguiu perder 5 quilos sen pagar un dólar cando se comprometera a pagar 1.000 dólares cada semana se non perdía 500 gramos.

Boa conduta
A web baséase nun sistema de contrato, cuxos detalles son definidos polo usuario: O obxectivo que se fixa é un prazo de tempo límite para conseguilo, ou a duración do compromiso. O participante ten a opción de comprometer soamente o seu honor ou exporse a unha penalización financeira que el mesmo determina.

Neste último caso, o usuario debe designar un ou máis controladores de "boa conduta", pode ser un amigo, un colega ou un membro da súa familia, que se compromete a redactar regularmente render contas na web mediante breves informes de cómo evoluciona o usuario. En poucas palabras, agás motivos de saúde, o contrato é imposible de cancelar. Con todo, a web convida ao internauta a elixir un obxectivo "realista e modesto".

O diñeiro ingrésase no momento do contrato mediante PayPal e reembólsase con cada avaliación positiva. Se pola contra, o usuario non cumpre o contrato, a cantidade que entregou transfírese a outro participante, un amigo, ou a un inimigo, é dicir, a algunha asociación cuxas conviccións o usuario non comparte en absoluto.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: