Do epicentro da Mariña, a serpe multicolor da LNB chega por primeira vez á Terra Cha. Esta semana, ademais, estrean nova banda sonora.
A LNB continúa imparábel, ultimamente, e segue a se estender por Galiza, chegando por vez primeira á Terra Cha. Será este domingo, no sexto asalto da Conferencia NorLeste da Superliga Galega de Billarda, a Auténtica.
Os palanadores a palanadoras do Cantábrico trasladaranse nun autobús terra adentro. Segundo informan dende O Varal, na mesma guagua que os leve tronará a tope un "tremendo estalo hiphopeiro acabado de guindar no MySpace da LNB". E é que dende Suíza, a banda Mafia Gallega compuxo un tema especialmente para a Auténtica, "para apoiar a gran e imparábel revolución billardeira que se espalla pola Galiza de norte a sur, e de leste e a oeste".
Mafia Gallega son unha crew rapeira, con sede en Xenebra, comandada polo Al Capone da rima, internacionalmente coñecido coma Paco Gallego. Se queredes escoitar este tema, ao que titularon A Billarda, velaí vai: