Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'SÓ O SILENCIO ME RESPONDE', DE ANA AKHMÁTOVA

Silencios que se escoitan

Mario Regueira publica no Cartafol de Libros unha crítica da antoloxía e tradución ao galego realizada por Rinoceronte Editora.

Redacción - 10:40 04/02/2008

En Silencios que se escoitan, Regueira analiza Só o silencio me responde, unha antoloxía en galego da obra da poeta rusa Ana Akhmátova, seleccionada e traducida por Ekaterina Guerbek e Penélope Pedreira. Regueira salienta que Akhmátova "non é só unha poeta nunca traducida no noso sistema literario, senón que podemos aventurar que tamén foi escasamente lida noutras traducións" e que "a escolla dos textos da autora ten a peculiaridade de presentar unha panorámica completa da súa obra, recollendo elementos de cada un dos seus libros, sen esquecer o importante conxunto dos poemas inéditos. Con isto quere dicirse que non se aproveita a visión máis popular de Akhmátova como poeta resistente ao estalinismo, senón que tamén se dá cabida a outros aspectos menos coñecidos e igualmente importantes, que nos permiten ver outras dimensións da súa obra".


4,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: