O autor foi Anxo Rodríguez Lemos, do IES Primeiro de Marzo de Baiona, que combinou o 'Adios ríos, adiós fontes' coa música do 'Adagio'.
O I Concurso de Podcast xa ten gañador. Trátase dunha lectura declamada do poema de Rosalía de Castro Adiós ríos, adiós fontes con fondos de sons da natureza e o Adagio de Samuel Barber presentado por Anxo Rodríguez Lemos, do IES Primeiro de Marzo de Baiona. O traballo premiado pódese escoitar na sección Podcast Educativo do portal da AS-PG.
O concurso foi convocado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e o xurado que decidiu o gañador estivo composto por: Antón Álvarez, Anxa González,Xoán Carlos Rábade, Eduardo Álvarez González e Mª Xesús Freire, que actuou como Secretaria. O xurado declarou desertas as categorías de Conto e Libre.