Entre os participantes sortearase unha viaxe para dúas persoas á feira do libro da Habana, canda a delegación galega.
CRTVG e a Consellaría de Cultura organizan un concurso de microrrelatos para celebrar a presenza de Galiza como país convidado na Feira Internacional do Libro da Habana. As mensaxes que se envíen a Letras de Galicia a Cuba deben ser breves, de non máis de 160 caracteres (a extensión máxima dunha mensaxe SMS), estar escritas en galego e ter vontade literaria. Os participantes poden deixar os seus microrrelatos na web do concurso ou a través dunha SMS coa palabra 'habana' seguida dun espazo e a mensaxe, ao número 7788. O concurso comeza hoxe e estenderase ata o día previo ao comezo da Feira, esto é ata as 24:00 horas do 12 de febreiro.
En certa forma, a iniciativa lembra o contacto epistolar que tradicionalmente houbo entre Cuba e Galiza. As mensaxes deixadas polos galegos serán proxectadas nunha pantalla situada no pavillón de Galiza na Feira. Ao tempo, caquera cubano poderá ir deixando alí mesmo as súas letras para o pobo galego, que se poderán ver na páxina web da CRTVG.