Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Posicionamento ecoloxista estatal

Eleccións xerais: apostando polo planeta

Perante a celebración das Eleccións Xerais de 9 de marzo, as cinco principais organizacións ecoloxistas do Estado Español (Amigos de la Tierra, Ecologistas en Acción, Greenpeace, SEO/BirdLife e WWF/Adena) presentaron o documento "Un Programa por la Tierra", que propón accións concretas cuxa aplicación suporía un trascendental cambio cara a sustentabilidade.

verdegaia - 14:20 30/01/2008

Perante a celebración das Eleccións Xerais de 9 de marzo, as cinco principais organizacións ecoloxistas do Estado Español (Amigos de la Tierra, Ecologistas en Acción, Greenpeace, SEO/BirdLife e WWF/Adena) presentaron o documento "Un Programa por la Tierra", que propón accións concretas cuxa aplicación suporía un trascendental cambio cara a sustentabilidade.As organizacións ecoloxistas máis importantes a nivel estatal, con este novo documento, pretenden alimentar o debate ambiental ao longo de toda a campaña previa ás eleccións, así como dotar aos futuros xestores políticos dun documento de referencia sobre o que volvan unha e outra vez na procura de accións ambientais eficaces nos próximos catro anos.Con este obxectivo, "Un Programa por la Tierra" analisa os problemas que afectan a catorce áreas fundamentais para a xestión política e propón compromisos concretos sobre: cambio climático, enerxía, transportes, calidade do aire, urbanismo e ordenamento do territorio, industria e responsabilidade ambiental, residuos, consumo, auga, agricultura e desenvolvemento rural, bosques, conservación, mares e costas, e política exterior.Amigos de la Tierra, Ecologistas en Acción, Greenpeace, SEO/BirdLife e WWF/Adena coidan especialmente importantes para lograr unha política sustentable a adopción das seguintes 12 medidas:-Reducir as emisións de CO2 cumprindo os compromisos acordados pola Unión Europea para 2020 e 2050, impulsando unha Lei contra o Cambio Climático.-Reducir de forma masiva o consumo enerxético, entre outras medidas, impulsando unha Lei de Aforro e Eficiencia Enerxética.-Apoiar e apostar por un crecemento rápido da enerxía limpa, en particular, promovendo unha Lei de Enerxías Renovables.-Restrinxir o uso do automóbil, fomentar o transporte público e obrigar a desenvolver Planos de Mobilidade Sustentable, entre outras medidas, cunha Lei de Mobilidad Sustentable.-Establecer medidas efectivas para diminuír a xeración de residuos.-Educar á infancia e á xuventude nos colexios sobre os efectos do consumismo para o contorno e a sociedade, así como fomentar unha educación cara a austeridade.-Garantir que as compras de todo tipo de bens que se realicen con diñeiro público respondan a estritos criterios ecolóxicos e sociais, eliminando totalmente a madeira procedente da tala ilegal.-Reducir drasticamente o uso dos produtos químicos na agricultura.-Incentivar o aluguer e a rehabilitación de vivendas fronte á compra e a nova construción.-Recuperar todos os acuíferos sobreexplotados, pechando todas as extraccións ilegais e asegurar caudais ecolóxicos para todos os ríos.-Dar un impulso real á rede Natura 2000, aprobando a composición definitiva, tanto terrestre como mariña, e garantir o seu adecuado financiamento e xestión.-Defender o mar creando unha rede de espazos protexidos coherente, integrada e ben xestionada, que inclúa áreas tanto litorais como oceánicas.Se ben nos últimos anos conseguimos que o discurso ambiental forme xa parte habitual do debate político, é agora o momento da acción. Vivimos tempos importantes nos que deben establecerse xa as bases dun cambio necesario e urxente. A próxima década é chave e non hai espazo para a pasividade.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: