Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Axilizando ao máximo os prazos

Seguen os convenios de Deporte con outras dez federacións

Unha decena de federacións enviaron os seus proxectos para o ano 2008 e xa está en marcha a elaboración dos convenios.

Redacción - 12:15 31/01/2008

A Dirección Xeral para o Deporte xa está tramitando os convenios de colaboración con dez federacións deportivas, no compromiso da directora xeral, Marta Souto, de intentar axilizar ao máximo os prazos de execución das accións.

Na primeira reunión da directora xeral cos representantes das federacións, estes manifestaron a necesidade de axilizar ao máximo os acordos entrambas partes. Souto comprometeuse, naquela altura, a poñerse en contacto coas federacións antes de finais do pasado ano 2007, e no mes de novembro manifestoulles aos seus presidentes a intención de comezar a tramitación nos primeiros meses de 2008.

Dez entidades mandaron os seus planes (as federacións de taekwondo, patinaxe, judo, squash, tiro con arco, triatlón, columbicultura, kung-fu, vela e tenis), e con elas comezou o proceso de elaboración dos convenios, que empezarán a se asinar no mes de febreiro.

Nestes convenios de colaboración hai actuacións ordinarias -como as competicións deportivas oficiais, a tecnificación deportiva, as seleccións galegas ou o apoio á estructura da federación- e actuacións específicas, promovidas pola Dirección Xeral para o Deporte e as federacións, como a promoción do deporte feminino, integración no deporte, deporte en galego e certos proxectos deportivos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: