Unha semana despois de pasear por Murcia, a principal competidora da cidade olívica, o CSD chegará á cidade para saber se pode acoller a competición en 2013.
É a primeira vez que dúas cidades do Estado Español compiten por acoller as olimpiadas universitarias, a Universiada 2013.
Esta semana os responsábeis do Consello Superior dos Deportes (CSD) están a visitar Murcia para coñecer o estado das súas instalacións deportivas, e poder avalialas pensando xa na competición universitaria. A semana que vén (os días 5 e 6 de febreiro) será a quenda de Vigo.
Infraestruturas deportivas, comunicacións, servizos... unha manchea de prestacións serán examinadas polo miúdo polos xuíces da institución española. A decisión final saberase o vindeiro 11 de marzo. Ese día os responsábeis de avaliar as cidades escollerán entre Murcia ou Vigo.
Ademais, esta semana o Concello de Vigo vai presentar a súa candidatura deportiva na feira de turismo de Madrid, Fitur.