Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
TRES CONCERTOS EN COMPOSTELA

Un Sinsal con moita substancia

O festival vigués ofrece tres actuacións en Santiago, o primeiro este xoves 31, coa presenza de Matt Valentine & Erika Elder with The Golden Road e os galegos Igloo.

Redacción - 17:20 29/01/2008

O Festival Sinsal chega á súa sexta edición convertido nun encontro de referencia en Galiza para a música contemporánea máis vangardista. Fundado na cidade de Vigo en 2003, o Festival Sinsal aposta polos sons contemporáneos, as propostas populares e os proxectos máis arriscados do panorama musical internacional. Tamén sirve de plataforma para presentar proxectos menos coñecidos pero de igual importancia artística e outros traballos relacionados co fenómeno sonoro. O certame desenvólvese ao longo de todo o ano cunha estrutura estacional, cunha programación definida para cada inverno, primavera, verán e outono.

Aínda que a meirande parte dos concertos teñen lugar en Vigo, xa o ano pasado algúns deles celebráronse en Compostela, no Salón Teatro. No 2008 Santiago volverá acoller unha parte do Sinsal, a súa programación invernal. Este xoves 31 pasará por alí o folk psicodélico de Matt Valentine & Erika Elder with The Golden Road, teloneados polos galegos Igloo. O 23 de febreiro estarán Michael Gira e (r), e o 8 de marzo será a quenda de Baby Dee e O Fillo Pausado.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Escola Sinsal: Os rapaces descobren a música
Escola Sinsal: Os rapaces descobren a música