Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
TITERENTROIDO, EN LALÍN

Non todo vai ser cocido

Dende o 28 de xaneiro até o 5 de febreiro participarán catro compañías de Portugal, Andalucía, Galiza e Euskadi.

Redacción - 17:55 28/01/2008

O Titerentroido 2008 dará comezo o vindeiro 28 de xaneiro coa celebración de obradoiros de máscaras de antroido para nenos e maiores no Museo Galego da Marioneta. As representacións comezarán o sábado 2 de febreiro coa obra Mamulengo do Joâo Redondo, da compañía portuguesa Teatro de Formas Animadas. A función do domingo 3 de febreiro correrá a cargo dos sevillanos Títeres Caracartón, que porán en escena a obra El traje nuevo del emperador. Os espectáculos continuarán o luns 4 de febreiro, con Carmiña Brañolas e as tarrañolas, representados pola compañía galega Titirimaña.

As xornadas rematarán coa posta en escena da obra Hamaika Gatazka a cargo da compañía vasca El Tenderete. As representacións de títeres terán lugar no Museo Municipal Ramón María Aller ás 18.30 horas. As entradas para estas funcións terán un prezo de 2,50 euros, coa posibilidade de adquirir un bono para os catro días a 8 euros.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: