Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Manifesto en solidariedade

Galegos contra o "inhumano embargo" en Palestina

Na web da Fundación Araguaney pode asinarse o documento.

Redacción - 13:15 28/01/2008

A Asociación Galaico-Árabe Jenin e a Fundación Araguaney Ponte de Culturas, promoven un manifesto ao que se suman diversos colectivos en todo o país. Velaquí:


Santiago de Compostela, Sábado 26 xaneiro de 2008
Señor Don José Luís Rodríguez Zapatero
Presidente Goberno de España
Señor Don Ehud Ólmert
Primeiro Ministro de Israel

Ante os terribles acontecementos actuais que contribúen a prolongar a desesperación da poboación palestina, profundar no sufrimento, provocar danos con graves consecuencias, feridas e mortes innecesarias, a Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, a Asociación Galaico-Árabe Jenin e os que subscriben o presente documento piden a Israel o cesamento da actitude de bloqueo e renovar o diálogo e a negociación como vías para pacificar a situación nos Territorios Ocupados.

Ante a actual situación da poboación de Gaza:

-EXHORTAMOS ao Goberno español, á Unión Europea e á comunidade internacional a esixiren a Israel que cumpra cos seus compromisos e respecte o dereito internacional humanitario e os dereitos humanos da poboación palestina; denunciamos ademais o reiterado castigo colectivo á poboación de Gaza.

-SOLICITAMOS á comunidade internacional que exprese maior firmeza ante as numerosas e reiteradas violacións dos dereitos máis fundamentais da poboación árabe dos Territorio Ocupados de Palestina, que non sexa cómplice desa situación e denuncie enerxicamente as deliberadas exaccións do Exército, susceptibles de constituír o equivalente a un xenocidio.

-RECLAMAMOS unha vez máis a Israel o cumprimento das resolucións da ONU ou, en caso contrario, á comunidade internacional que adopte, en coherencia coa actitude cara a outros Estados, as medidas oportunas para que Tel Aviv respecte tales decisións encamiñadas ao respecto da poboación palestina


Ligazóns

5/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: