Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Información contra mitos

III Xornadas sobre a problemática do lobo

A Asemblea do Suído organiza as III Xornadas sobre a problemática do lobo, co gallo da presentación do traballo de investigación "Estudo da interacción entre o lobo (Canis lupus) e o cabalo (Equus cabalus) no sur da provincia de Pontevedra"

Asemblea do Suído - 21:40 27/01/2008

A investigación (subvencionada pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel) foi coordinada polo doutor en ecoloxía Ignacio Munilla Rumbao e levada a cabo polo licenciado e doutorando en bioloxía, Santiago Barciela García.

Os resultados do traballo tiran datos relativos ao efecto da predación do lobo nos parámetros demográficos dos cabalos, ao comparar as serras con presenza de lobo coas que non a teñen. Tamén é interesante o resultado das entrevistas sobre a percepción do lobo polas persoas da zona.

A Asemblea do Suído (FEG) procura unha solución ao conflito xerado pola predación do lobo no gando extensivo, tal como se reflicte en moitas das actividades realizadas en todos estes anos (xornadas, mesas redondas, charlas, conferencias, exposicións...). Agora con este estudo, a asociación quere facer unha nova achega á solución deste conflito na zona.

O programa das xornadas é o seguinte:

PRESENTACIÓN DO TRABALLO DE INVESTIGACIÓN:
“ESTUDO DA INTERACCIÓN ENTRE O LOBO (CANIS LUPUS) E O CABALO (EQUUS CABALUS) NO SUR DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA”

XANEIRO 2008

PONTEAREAS, SÁBADO 26, CASA DA TRIGA 20:00 H.
PONTECALDELAS, LUNS 28, IES PONTECALDELAS, 16:15 H.

FEBREIRO 2008

PONTEAREAS, MARTES 12, CIFP A GRANXA, 16:00 H.
COVELO, SÁBADO 16, AUDITORIO MUNICIPAL, 20:00 H.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: