A delegación do PSdeG en Madrid introduciu varias emendas no programa electoral socialista.
Os socialistas prometeron que crearán unha circunscrición parlamentaria electoral para os residentes no extranxeiro no caso de que gañen as eleccións de marzo. Así o dixo o coordinador do programa electoral, Jesús Caldera. A medida foi impulsada pola delegación galega que participou na conferencia do PSOE que se desenvolveu esta fin de semana en Madrid.
A representación do PSdeG-PSOE tamén incluíu no programa socialista a "tarifa de último recurso", que permitirá reducir o custo da factura eléctrica e un uso máis eficaz da enerxía, ademais de comprometer a protección xurídica dos médicos e das mulleres no marco da Lei do Aborto e a ampliación do dereito de permiso de paternidade a 30 días.