Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Bos Aires

Edición xestionada por Débora Campos
RSS de Bos Aires
CASE 2 MILLONS DE EUROS EN CATRO ANOS

Queren investigar a riqueza dos Kirchner

Unha deputada pola Coalición Cívica anunciou que o seu partido pedirá unha comisión lexislativa para investigar o "aumento do patrimonio" do ex presidente Néstor Kirchner entre o período 2003 e 2007.

Débora Campos - 09:00 24/01/2008

A deputada arxentina pola opositora Coalición Cívica Patricia Bullrich anunciou esta semana que o seu sector pedirá a conformación dunha comisión lexislativa para investigar o "aumento do patrimonio" do ex presidente Néstor Kirchner entre o período 2003 e 2007.

Bullrich insistiu en que pedirán á Oficina Anticorrupción que lle pida a Kirchner "unha aclaración respecto da declaración xurada de bens", que se coñeceu fai unha semana, e destacou que tamén investigarán a declaración de patrimonio que presentou a presidenta Cristina Fernández cando era senadora.

Denuncia penal
"Logo destas aclaracións avaliaremos se se presenta ou non unha denuncia penal", advertiu a lexisladora en declaracións á prensa. Segundo as declaracións xuradas que Kirchner e a súa esposa presentaron ante a Oficina Anticorrupción, no último ano o ex mandatario incorporou ao seu patrimonio un edificio de 10 departamentos e un complexo turístico en Santa Cruz por 8.329.596 pesos (1.851.021 euros).

A última semana, en tanto, o diario La Nación informou que en 2007 Kirchner "aumentou o seu patrimonio alcanzando unha fortuna de 17.824.941 pesos (3.961.098 euros), case 11 millóns máis do que tiña cando chegou á Casa Rosada, en maio de 2003".

"O primeiro tema son os alugueres porque analizamos que Kirchner en 2005 tendo 19 casas, 4 departamentos e dous locais, cobrou por alugueres 276.793 pesos por ano. Se o dividimos, resultan 11 mil pesos por cada propiedade", precisou a deputada Bullrich.

Un 400% máis
Agregou que o ex mandatario no ano 2006, mantendo as mesmas propiedades, pasou a cobrar un total de 1.380.448 pesos (306.766 euros) e puntualizou que esa suma dá 55.218 pesos (12.270 euros) por ano e por propiedade. "É dicir que houbo un aumento do 400 por cento desde 2005 a 2006. E en 2007, coa mesma cantidade de propiedades, temos 5.264.105 pesos, quere dicir que tivo un aumento de 1.800 por cento respecto de 2005", argumentou a lexisladora.

Respecto de Cristina Fernández, Bullrich dixo que o matrimonio presidencial "debería ter as declaracións xurada de bens case idénticas". Explicou que "cando un funcionario fai a declaración xurada de bens tamén presenta a da súa esposa ou esposo" e que "o marido ten que dicir cal é o matrimonio da súa muller e por iso tamén imos pedir que as declaracións xuradas de Cristina no Senado póidanse analizar".


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: