Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CONFERENCIA NO CONSELLO DA CULTURA

O postmarxista Ernesto Laclau, en Compostela

Ás cinco da tarde deste xoves pronunciará unha palestra sobre 'A articulación e os límites da metáfora'.

Redacción - 09:00 24/01/2008

Ernesto Laclau naceu en Bós Aires e na actualidade é profesor de Teoría Política na Universidade de Essex. O seu traballo máis coñecido é Hexemonía e Estratexia Socialista, obra fundacional do postmarxismo, e do que é coautora Chantal Mouffe. Participou moi activamente nos movementos sociais e estudiantís dos anos sesenta, tentando unir a clase obreira cos novos movementos sociais. Rexeitou o determinismo económico marxista e avogou por unha democracia radical.

Hai dous anos publicou A razón populista e hai uns meses rematou o seu último traballo, Universalidade elusiva. No Consello da Cultura falará sobre A articulación e os límites da metáfora. Podes descargar aquí o texto da súa conferencia.


Ernesto Laclau: Populismo y Mercosur


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: