De nada valeu o 'doblete' do camerunés ante os vixentes campións da Copa de África. Os "faraóns" dominaron aos leóns de seguida.
Os exipcios viñan defender o seu título a Ghana, onde se están a desenvolver os partidos desta Copa de África, e conseguírono, chegando moi rapidamente a un 3-0 que os cameruneses non conseguiron atallar, a pesares dos dous goles de Eto'o.
Primeiro dous goles destes rápidos e logo un penalti serviron para que os exipcios camiñasen cara o vestiario, no descanso, coa tranquilidade ter as cousas ben feitas. Os dous goles foron obra do dianteiro do Hamburgo, Zidan, que despois do penalti de Hosny, furaba a portería dun pouco acertado Kameni.
Na segunda parte os leóns indomábeis querían facer honra ao seu nome, e comezaron a atacar, conseguindo crear varias situacións de perigo. Entre elas o testarazo de Eto'o, que terminou en gol. Pero os exipcios estaban preparados e pecháronse atrás, mentres desfilaban cara a portería contraria. Daquela chegou o segundo gol de Hosny, que aproveitaba a debilidade da defensa camerunesa.
Os goles de Eto'o
Ao final Eto'o marcou un penalti que xa non servía para moito, no tempo de desconto.
O partido terminou con Zidan, lembrando o terceiro gol como o mellor da súa carreira: "estou moi contento. O 3-0 é o gol máis espectacular que teño marcado na miña carreira deportiva. Exipto demostrou con este partido que pode reeditar o título de Campión de África. Puxemos no seu sitio a Camerún, que se consideraban os favoritos", dixo o dianteiro exipcio.
Pola outra banda están as declaracións dos cameruneses, de entre elas, as de Eto'o, que dixo que este "non era o comezo que agardaba... pero son optimista".