Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Dúas detencións máis en Araba e Biscaia

Un detido en Vigo e outro na Coruña por presunta vinculación ao Grapo

A familia do vigués arrestado critica a operación e di que ten que ver coa actividade de Xosé Luís Fernández en axuda de presos.

Redacción - 11:05 23/01/2008

Xosé Luís Fernández González, de 48 anos e veciño do barrio vigués de Sárdoma onde o coñecen polo alcume de "O Che", foi detido este mércores nunha operación coordinada desde Madrid pola Garda Civil. O detido estivera no cárcere entre os anos 1980 e 1982 debido á súa vinculación daquela cos Grapo. Ferido de gravidade durante unha operación policial é parapléxico e ten que desprazarse desde hai anos en cadeira de rodas.

Permanece incomunicado ao igual que a súa compañeira, Montserrat, malia que a esta non se lle considera detida. O avogado aínda non puido poñerse en contacto con eles. En declaracións á Radio Galega, familiares do detido expresaron a súa convicción de que se trata dunha detención por motivos "ideolóxicos" e insistiron en que Fernández González non estaba relacionado cos Grapo e que é coñecido pola súa actividade na protección e axuda de presos. "Meu pai era militante dos Grapo, agora mesmo é unha persoa que está nunha cadeira de rodas", queixouse Iria Fernández, filla de Xosé Luís, para os micrófonos da Radio Galega.

Relacionadas coa mesma operación, produciuse outra detención na Coruña, na zona das Conchiñas, onde foi arrestado a primeira hora deste mércores Carlos Cela Seoane, irmán de dous presos do Grapo. A Garda Civil tamén fixo utras dúas detencións en Euskadi. En Ortuella, localidade biscaíña, foi detido Fernando Rodríguez Blanco, quen estivera en prisión entre 1979 e 1992. Rodríguez denunciara hai xa dous anos que estaba sendo sometido a vixilancia policial. Nun escrito difundido en internet queixábase da "presión continua e atafegante" dos axentes, que facían quendas perto da súa casa e mesmo o seguían até o traballo.


3,73/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: