Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xerais08

"Madrid ten que aprender a falar galego igual que xa fixo co catalán e o éuscaro"

O voceiro nacional do BNG, Anxo Quintana, critica que falar de "bilingüismo harmónico", tal e como o fai o PP, "é cinismo e condenar o galego a un status xurídico inferior ao castelán"

Redacción - 09:00 23/01/2008

O voceiro nacional do BNG, Anxo Quintana, xulgou este martes "fundamental" a presenza desta formación no Congreso para que o peche do mapa autonómico, proposto polo PSOE para a próxima lexislatura, "non deixe a Galiza fóra outra vez".

Nun acto preelectoral en Chantada, onde estivo acompañado pola cabeza de lista por Lugo Paz Abraira, Quintana interpretou que, cando os partidos estatais aluden ao peche do mapa autonómico, "o que pretenden é deixar fóra" a Galiza, que aínda non reformou o seu Estatuto, ao contrario que outros territorios.

"A presenza decisiva do BNG ten que servir para botar abaixo estas pretensións e que Galicia estea presente na toma das grandes decisións que lle afecten no Estado", resaltou durante a súa intervención, na que se volveu referir á proposta do PP sobre os presuntos dereitos non atendidos dos castelán falantes.

Neste sentido, aseverou que falar de bilingüismo harmónico para referirse á situación do galego e do español é un acto de "cinismo" e supón "condenar ao idioma propio un estatus xurídico inferior ao castelán". Por iso, acusou a Rajoy de "sacrificar os intereses" dos cidadáns galegose para "conseguir votos en Murcia ou Estremadura".


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: