Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
SOLICITA A SÚA CATALOGACIÓN

A AELG pide a declaración de ben de interese cultural do fondo documental do IGI

Estes materiais poderán verse na propia sede da institución, nunha mostra que se inaugurará este martes a partir das oito.

Redacción - 13:37 22/01/2008

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (Aelg) solicítalle á administración competente o inventariado e catalogación do patrimonio documental do Instituto Galego de Información, para a súa posterior declaración como Ben de Interese Cultural.

Para a AELG, a declaración como Ben de Interese Cultural do rico patrimonio documental depositado no seu día no Laboratorio de Formas, suporía a "salvagarda, garante e preserva do ideario fundacional dun proxecto nacional, testemuña dun tempo histórico de cuxas fontes se alimentan moitos proxectos actuais, no que se implicaron Luis Seoane, Isaac Díaz Pardo, os nosos exiliados e os traballadores da cultura da nosa emigración".

Estes fondos documentais poderán verse na propia sede do IGI nunha exposición que se inaugurará este martes pola tarde ás oito da tarde.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: